DESPEDIMOS O CURSO_VOLVEREMOS A VERNOS MOI CEDO



Bos días, queridas familias!


Hoxe remata o curso escolar 2019/20! Un curso que nunca esqueceremos!!


Facemos algúns recordatorios:


- As notas publicaranse o luns 22 de xuño ás 14 horas, na aplicación AbalarMóbil, que xa tendes descargada.


- A recollida de libros será o martes 23 e o xoves 25 de xuño seguindo o seguinte esquema:


Martes 23: 

- De 9 a 11.30 h: 3º ESO y 5º Primaria.


- De 11.30  a 14 h: 4º ESO y 6º Primaria.


Xoves 25:

- De 9 a 11.30 h: 1º ESO y 3º Primaria.


- De 11.30  a 14 h: 2º ESO y 4º Primaria.


En caso de varios irmáns, podedes entregar todo no horario que mellor vos conveña.


E como remate do curso, queremos compartir con todos vós, este vídeo que fixemos con todo o cariño, dando un especial protagonismo ao alumnado que cambia de etapa educativa o vindeiro curso escolar. Esperamos que vos guste!





Bo verán, coidádevos moito e vémonos en setembro!
Unha aperta! 

Equipo Directivo