Este ano celebraremos O SAMAÍN dunha maneira distinta seguindo os protocolos da COVID ’19.
Dende a Biblioteca do Centro está convocado un CONCURSO DE CABAZAS DIXITAIS ENMASCARADAS.
Poderá participar todo o alumnado de Infantil e Primaria. Enviaranse fotos ou animacións dixitais de debuxos, collages… ou ben fotografías de cabazas talladas. Enderezo electrónico para a recepción de traballos:
bibliotecamanuelarialmouzo@gmail.com
A EXPOSICIÓN XA SE PODE VISUALIZAR. AS CABAZAS ÍMOLAS SUBINDO A MEDIDA QUE AS IDES MANDANDO:
A data de recepción de traballos será ata o mércores, 28 de outubro.
Por outra banda, o xoves 29 para EDUCACIÓN INFANTIL e o venres 30 para PRIMARIA (en horario escolar) temos preparada a proxección dunha película de animación: O GRÚFALO, baseada nun conto ilustrado, onde poderán mergullarse no mundo dun dos monstros de ficción máis coñecido. Celebrarase no salón de actos. Acudirán en sesións distintas por cursos e coas pertinentes garantías de seguridade interpersoal.
Se queredes consultar información sobre o conto:
http://bibliotecamanuelarial.blogspot.com/
O venres 30 en horario escolar pola tarde poderán, de xeito voluntario, asistir ao centro caracterizados con disfraces propios da temática do Samaín.
Un saúdo
Equipo Directivo