COIDAR O NOSO ENTORNO É O BO CAMIÑO_VOZ NATURA


PREME NA SEGUINTE IMAXE PARA VER 
O ÁLBUME DE FOTOS:


Non sabes que facer coas botellas PET de leite baleiras? Propoñémosvos darlle unha segunda vida converténdoas en macetas con forma de bota de peregrino. Vas a precisar dúas botellas e un cordón de zapato para simular o atado da bota. Unha das botellas tes tombala e facerlle un buraco do tamaño da base. O buraco abrirase pegado a parte do que vai a ser o talón da bota. Da segunda botella só precisas a metade que tería forma de vaso ou maceta. Para que poda saír a auga que sobra cando regamos a planta facémoslle a segunda botella pequenos buracos na base. A auga que non absorbe a terra quedará no interior da botella tombada. Colocaremos agora o cordón facendo furados nas dúas botellas xusto onde estarían nunha bota convencional. Por último só quedaría encher a “maceta” de terra, plantar as sementes e esperar a que medre.


Se tedes por casa botas de goma que xa non usedes podedes enchelas de terra e usalas de maceta.