CAMPAÑA RECOLLIDA ALIMENTOS_VACACIÓNS en PAZ co pobo SAHARAUI

 


A asociación “Vacacións en paz co pobo Saharaui” está a organizar unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros (pasta, arroz, legumes, aceite, conservas, leite en po para os bebés,…) para enviar neste mes de Xuño, aos campamentos de refuxiados que se atopan preto da cidade alxerina de Tinduf, nunha das zonas máis inhóspitas do deserto do Sáhara.

Os nenos e nenas que se acollían ao programa podían distanciarse da súa precaria situación temporalmente, durante os meses do verán, cando viñan a España, pero, nestes dous últimos anos pola covid-19, non puideron vir.

Para colaborar con esta iniciativa, o CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo habilitará un punto de recollida no Centro, ubicado no hall do comedor escolar, no cal imos depositar en caixas as achegas que os membros da nosa comunidade escolar teñades a ben facer. Temos como prazo máximo ata o día 31 de maio.

Para máis información sobre esta iniciativa, podedes consultar:

https://sogaps.org/vacaciones-en-paz/

Instagram: @porunsaharalibr3

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

Equipo Directivo