FONDO LIBROS E AXUDAS A MATERIAL ESCOLAR 2022_2023


FONDO DE LIBROS E AXUDAS  MATERIAL ESCOLAR   CURSO 2022/2023 

Informamos  da apertura do prazo de solicitudes  para o  Fondo de Libros e Axudas para Material Escolar en Primaria e na ESO para o vindeiro curso (Orde de 29 de abril de 2022). 

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS: 

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario deberán devolver os libros de texto do presente curso 2022/23. A non devolución  será causa de exclusión da participación do Fondo Solidario  no curso 2021/22. 

O centro informará ao longo do mes de xuño, a través  de Tok App e por outros medios,  das condicións e prazos nas que se realizará a devolución dos libros de texto. 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23. 

ONDE PODEN ATOPAR A SOLICITUDE? 

Como arquivo anexo neste mesmo comunicado (poden descargalo e cumplimentalo). IMPRESOS SOLICITUDE 2022/23

No blogue do Colexio Manuela Rial Mouzo (poden descargalo e cumplimentalo).

Poden recollelo presencialmente na Secretaría do Centro, de 9:00 a 13.30 horas, de luns a venres.

No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 ONDE PODEN PRESENTAR A SOLICITUDE? 

-  No Colexio Manuela Rial Mouzo: presencialmente na Secretaría do Centro, de 9:00 a 13.30 horas, de luns a venres. 

- Vía electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia).  No caso de que se tramite a solicitude por esta vía será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno. 

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES. 

Aínda que o prazo oficial  remata o día 22 de xuño de 2022, rogámoslles entreguen as súas solicitudes non máis alá do mércores 15 de xuño.  

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

a) Presentar impreso da solicitude (Anexo I da Orde) e impreso de comprobación de datos dos membros computables (Anexo II da Orde) correctamente cubertos. 

b) Copia do libro de familia onde aparecen todos os membros da unidade familiar. *Consultar situacións especiais (divorcio, discapacidade, violencia de xénero,...) na Orde ou ben no Documento Anexo INSTRUCIÓNS 

Equipo Directivo