CAMPO A TRAVÉS

 




Este venres 19 o noso alumnado participou na proba de Campo a Través Escolar, na que disfrutaron dunha mañá moi deportiva e compartindo a experiencia co alumnado de centros de toda a bisbarra.

Ademais, no tocante a competición, acadamos uns resultados excelentes:

*Benxamín masculino:* Campións por equipos e pódium para Lukas Romero e Antón Lago.
*Benxamín feminino:* Subcampións por equipos e pódium para Martina Allo.
*Alevín masculino:* Campións por equipos.
*Alevín feminino:* Subcampións por equipos.
*Infantil masculino:* Campións por equipos e pódium para Mario Andrade e Pedro Castiñeira.
*Infantil feminino:* 3ª posición por equipos e pódium para Sofía Montero
*Cadete masculino:* Subcampións por equipos.
*Cadete feminino:* Campións por equipos e pódium para Cristina Sanvicente.