FÚTBOL SALA

 ⚽ Fútbol Sala ⚽

Noraboa ao noso equipo infantil que onte participou na fase Comarcal que se celebrou no pavillón de Ponteceso.


Nela alcanzou o cuarto posto a nivel comarcal con dous partidos de infarto, reflexando así o bo facer do noso alumnado durante as últimas tempadas e abrindo paso as seguintes xeracións.








⚽FÚTBOL SALA⚽

Semana movida a que lle espera aos nosos equipos da actividade extraescolar de fútbol sala, con dúas xornadas a desputar cos compañeiros de Muxía e Camariñas.

O noso equipo alevín lidera a clasificación, contando todos os seus partidos como victorias polo momento. Gran traballo dunha boa e numerosa xeración, onde todos están a dar o mellor de sí para conseguir tan bo resultado e un xogo moi vistoso.

No caso dos benxamíns, non paran de medrar e mellorar na pista este grupo de nenos e nenas, bastante noviño pero tamén cada vez máis numeroso, e que están competindo en cada xornada ante todos os rivais.

E ollo, que por atrás xa veñen pisando forte os nosos prebenxamíns, que debutaron fai pouco nun amistoso onde deixaron moi bo sabor de boca.