PREEUROPEO de VOLEI

 Durante esta fin de semana as seleccións de Ucraína, Alemaña, Países Baixos e España desputaron  o Preeuropeo de Volei Sub18 masculino na bisbarra.

No combinado español foron parte clave nas vitorias acadadas tanto Tiago Fernández como Iago Larrañaga, ex-alumnos do Centro, onde precisamente se iniciaron na práctica deste deporte.

Noraboa a ambos, todo un orgullo para o noso centro e un espello no que mirarse para as novas xeracións do Centro, sempre referente na práctica do voleibol grazas, entre outros, ao nosos mestres Luís (con eles na foto), Gurutz ou May, grandes impulsores deste deporte no colexio.