CAMPIÓNS COMARCAIS ALEVÍNS FÚTBOL SALA

 


CAMPIÓNS COMARCAIS FÚTBOL SALA🏆⚽

Este fin de semana, no Pavillón de Cee, tivo lugar a fase final do Campionato Comarcal de Fútbol Sala Base "Xogade", onde o noso equipo Alevín proclamouse campión.

Nas semis tiveron que facer un moi bo encontro para superar cun resultado de 3-0 ás EFM Ponteceso.
A gran final cos nosos veciños do FSF Villa de Cee foi un gran espectáculo por parte de ambos equipos ante unha grada ateigada, con grandes xogadas, alternancia no marcador e emoción ata o final cun resultado de 6-5 a prol dos nosos.

Noraboa pois aos 14 integrantes do equipo alevín que contaron os seus 20 partidos como victorias, rematando así invictos a fase comarcal e refrendando o seu gran traballo e esforzo durante toda a tempada.

O equipo está formado por:
Gael Prieto, Pablo Lago, Pablo Mosteyrín, Yoel Caamaño, Adrián Soto, Felipe Mayán, Marcos Romero, Jorge Méndez, Ángel Tedín, Pablo Ferrío, Manuel Castro, Jose Canosa, Saúl Trillo e Diego Baamil.