FASE PROVINCIAL FÚTBOL SALA

 FASE PROVINCIAL FÚTBOL SALA🏆⚽


Este pasado sábado, no Pavillón Municipal de Monfero, tivo lugar a fase final do Campionato Provincial de Fútbol Sala Base "Xogade", onde o noso equipo Alevín quedou en cuarta posición.


Nas semis a sorte non acompañou as nosos, xa que tras un gran inicio e nun partido onde dominaron gran parte do xogo, atopáronse cun gran equipo que gañou un partido moi igualado por 3-2.


Xa pola tarde, na final de consolación os nosos enfrontáronse ao Victoria santiagués que conseguiu o bronce.


Aínda así, noraboa aos nosos rapaces que fixeron unha gran tempada, cun xogo moi bonito de ver para o espectador e que só cederon derrotas nesta última fase da tempada.