POLOS CREATIVOS

 


MANUELA é CREATIVIDADE. A creación artística e tecnolóxica (STEAM) sempre estivo ligada a nosa escola. Durante décadas ao rematar os cursos presentabamos a comunidade escolar as nosas creacións nunha grande exposición. Actualmente iniciativas educativas como POLOS CREATIVOS permítennos empaparnos durante todo o curso de metodoloxías que promoven... a investigación, a experimentación, a innovación, a capacidade do alumnado para regular a súa propia aprendizaxe, confianza e iniciativa persoal, espírito emprendedor...

Comezamos o segundo curso cos nosos POLOS CREATIVOS facendo memoria do que fixemos anos anteriores cunha mirada nostálxica e positiva do futuro que está por chegar.











Parte do equipamento de POLOS CREATIVOS para este CURSO ESCOLAR 2023_24. Ferramentas para desenvolver a nosa CREATIVIDADE.