SAÍDA 4° PRIMARIA_MUSEO FERNANDO BLANCO

 


Tras falar sobre os Museos e as normas que debemos coñecer para visitalos, hoxe os nenos e nenas de cuarto de Primaria viaxamos ata o Museo e Instituto Fernando Blanco. Visitamos os impresionantes xardíns que o rodean.
Ademais o noso guía Darío Areas explicounos o labor do persoal que traballa no museo: guiar, limpar, manter as pezas en bo estado, difundir a cultura, investigar... unha xornada moi entretida!