FÚTBOL SALA_ÚLTIMAS COMPETICIÓNS

 


Fútbol Sala ⚽

Remataron para os nosos as competicións oficiais trala disputa do Play-Off esta pasada fin de semana en Cee. O noso Benxamín alcanzou o pódium da competición tras quedar terceiros, e perder nas semifinais do Play-Off por 3-2 nun disputado partido.

O alevín, pola súa parte, quedouse ás portas desta fase, finalizando en quinta posición noutra gran tempada.

E en infantís, este ano presentamos dous conxuntos, que empataron na procura do terceiro posto tamén na fase final da competición .

Polo tanto, outra gran papel do noso alumnado nestas competicións, sendo ademais todos eles un gran exemplo de deportividade. Noraboa a todxs!